LaCie comercializa unha memoria USB 3.0 blindada

xoves, 2 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios que precisen transportar información en soporte físico dun xeito teñen agora unha interesante opción que chega da man de LaCie, fabricante de discos duros que desta volva adapta unha chave USB para resistir moitos tipos de agresións á vez que goza de conectividade USB 3.0 (de ata 150 Mbytes/seg.) e permite encriptación segura AES de 256 bits.
A LaCie RuggedKey conta cunha estrutura de goma que permítelle resistir caídas de ata 100 metros de altura (polo que debería soportar golpes e tropezos de distinto tipo), temperaturas extremas, po e auga (ten certificación IP-54) e, para ir un paso máis aló, inclúe espazo de almacenamento no servizo na nube Wuala para poder ter unha copia de seguridade dos contidos desta unidade de memoria.
Inicialmente a LaCie Rugged Key está dispoñible en capacidades de 16 e 32 Gb por 39,99 e 69,99 euros respectivamente.

A LaCie RuggedKey pode gardar información encriptada


Demostración da resistencia ás caídas da LaCie RuggedKey

PUBLICIDADE