LaVie Touch, o tablet de NEC con aires de ordenador portátil

luns, 12 de setembro do 2011 Marcus Fernández

NEC anunciou o lanzamento no mercado nipón do LaVie Touch (LT550/FS SET), un interesante tablet que funciona con Windows 7 Home Premium e que conta con 3 accesorios (unha base que integra unha unidade de DVD, un teclado e un rato sen fíos) que o converten nunha especie de ordenador portátil modular.
Entre as especificacións deste tablet constan unha pantalla IPS de 10,1 polgadas de 1.280 x 800 píxeles, procesador Atom Z670 a 1,5 GHz, gráfica Intel SM35 Express, 2 Gb de RAM, 64 Gb de SSD, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, cámara de 1,3 Mpíxeles, 2 portos USB, 1 porto HDMI, lector de tarxetas SDHC, unha batería que achega unha autonomía de ata 10,6 horas, unhas medidas de 263 x 183 x 15,8 milímetros, 729 gramos de peso, o sistema operativo Windows 7 Home Premium SP1 de 32 bits coa interface de uso ExTouch e a versión doméstica do Microsoft Office 2010, todo por un prezo de 99,960 iens (947,62 euros).

PUBLICIDADE