LawBreakers celebra a súa beta aberta esta fin de semana

venres, 28 de xullo do 2017 Marcus Fernández

O vindeiro 8 de agosto sairá á venda para PC e PS4 o xogo LawBreakers, título creado polo pai da franquía Gears of War, Cliff Blezsinski, polo que é moita a expectación de cara ao que ofrecerá este xogo e, para calmar os ánimos hoxe mesmo bota a andar a súa beta aberta, facilitando que durante esta fin de semana sexa posible probar o xogo antes do seu lanzamento.
LawBreakers xa experimentou fases de proba pechadas, pero agora chega con pasarse pola PlayStation Store no caso de xogadores de PlayStation 4 ou por Steam no caso de xogadores de PC para poder gozar da beta aberta que ofrece unha boa mostra do que será o xogo final, que pode xa adquirirse de xeito anticipado a un prezo bastante contido (29,99 euros), especialmente no caso de PS4, que estes días conta cun desconto adicional do 10% para usuarios con PS Plus.

O xogo conta cunhas mecánicas peculiares debido ás anomalías gravitatorias das que poderemos tirar proveito

PUBLICIDADE