Lector de pegadas dixitais a un prezo económico

luns, 14 de maio do 2007 Marcus Fernández

As medidas de control biométrico poderían imporse, non só por seguridade, senón por simple comodidade, de aí que comezan a integrar lectores de pegadas dixitais a ratos e ordenadores portátiles, pero agora Hyundai sorpréndenos dun lector USB a un prezo moi económico (25 dólares) que o fai moi accesible para os usuarios que desexen incorporar tal tecnoloxía ós seus equipos.
O lector de pegadas USB de Hyundai mide 49 x 38,5 x 10 mm, pesa só 33 gramos, conéctase a portos USB 2.0 e funciona en equipos con sistemas operativos que van dende o Windows 98SE ata o Windows XP, servindo para identificarse coma usuarios nos mesmos ou en páxinas webs (grazas ó software incorporado). Incluso permite a protección de ficheiros e carpetas e tamén inclúe un protector de pantalla de xeito que para desbloquear o equipo tras un tempo de espera sexa preciso identificarse.

PUBLICIDADE