Left Alive, un novo shooter futurista para PS4 e PC

martes, 5 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Hoxe chegou a PlayStation 4 e PC (Steam) o xogo Left Alive, shooter de acción e supervivencia que narra unha historia ambientada durante a invasión de Novo Slava, cidade devastada pola guerra, no ano 2127. Os xogadores deberá sobrevivir atopando rutas alternativas, fabricando trampas e armas e incluso utilizando artillería inimiga na súa contra para salvar aos civís atrapados no campo de batalla e descubrir a verdade.
Este título desenvolvido por figuras como Toshifumi Nabeshima (director da serie Armored Core), Yoji Shinkawa (deseñador de personaxes da serie Metal Gear Solid) e Takayuki Yanase (director de mechas de Ghost In The Shell: Arise, Mobile Suit Gundam 00 e Xenoblade Chronicles X) faranos sentir a enorme diferenza que hai entre os homes e as máquinas en combates trepidantes nos que participarán tropas armadas, vehículos blindados e enormes mechas.
O xogador poderá enfrontarse aos inimigos en frenéticos tiroteos ou empregando o sixilo, á vez que explora a historia que hai detrás da guerra a través de tres personaxes distintos.

Tráiler de lanzamento de Left Alive

PUBLICIDADE