Lemmings Touch</Em> ultima o seu lanzamento para PS Vita

xoves, 12 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Ante o inminente lanzamento de Lemmings Touch, publican un novo trailer deste clásico xogo de quebracabezas que finalmente chega a PlayStation Vita, traendo á portátil de Sony unha revisión deste aditivo xogo que tras pasar por numerosas plataformas (PC, Atari ST, Amiga, Super Nintendo, Spectrum, PSP...) que adáptase a pantallas táctiles, o que faise de xeito bastante natural (pola analoxía entre o control táctil e o rato informático).
Lemmings Touch ofrecerá 100 niveis impresionantes, unha interface de uso cun deseño elegante, unha mecánica de xogo sinxela e numerosas novidades con respecto ao xogo orixinal que farán deste título todo un imprescindible para os posuidores da PS Vita, e que agardemos que máis adiante salte a outras plataformas para facer que estas curiosas criaturas recuperen a relevancia que merecen.


Trailer de Lemmings Touch para PS Vita

PUBLICIDADE