Lenovo anuncia o seu ThinkCentre A70z

luns, 2 de novembro do 2009 Marcus Fernández

O ordenador todo-en-un Lenovo ThinkCentre A70z presentouse oficialmente, e parece que será un equipo bastante interesante por manter un prezo bastante axustado para un equipo dese formato.
O Lenovo ThinkCentre A70z funciona cun procesador Celeron ou Core 2 Duo, ten unha pantalla de 19 polgadas, disco duro de 500 Gb, unidade óptica integrada, webcam e Wi-Fi opcional, que segundo o seu fabricante pode acenderse en só 35 segundos e apagarse un 40% máis rápido que os seus rivais. Chegará ao mercado a finais de novembro por uns 499 dólares (337,30 euros).
Lenovo tamén comercializará un equipo moi semellante, o A58e, que contaría só con 2 Gb de RAM e ata 320 Gb de disco duro, o que reduciría o seu prezo ata 349 dólares (235,91 euros), situándose coma un dos equipos todo-en-un máis económicos do mercado.

PUBLICIDADE