Lenovo estrea un todo-en-un con tecnoloxÃa nVIDIA Ion e un prezo axustado
mércores, 7 de abril do 2010
Mesturando a
tecnoloxÃa dos ultraportátiles de baixo custo co concepto de ordenadores
todo-en-un conséguense un tipo de equipos moi atractivos para o usuario, que
cos novos procesadores dispoñibles deixan de ser uns ordenadores limitados e convértense en plenamente
funcionais, coma o novo Lenovo
C200, que agocha na súa pantalla panorámica de 18,5 polgadas cunha
resolución de 1.366 x 768 pÃxeles un procesador Intel Atom D510 (de dobre
núcleo) e un procesador gráfico nVIDIA ION con 256 Mbytes de memoria. Tamén
inclúe gravador de DVD e opción de contar cunha pantalla táctil.
O feito de que este todo-en-un inclúa unha tarxeta gráfica de certa calidade
permitirÃalle tanto executar xogos coma vÃdeo incluso a 1.080p, mellorando a
súa versatilidade multimedia con respecto aos seus competidores máis directos.
O equipo sairá á venda por un prezo que parte dos 399 dólares (sen o procesador
gráfico ION), mentres que por 499 dólares pode adquirirse con nVIDIA ION e
pantalla táctil, de aà que sexa un ordenador moi atractivo.