Lenovo lanzará o seu novo smartphone insignia na India

martes, 11 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Tras a compra de Motorola por parte de Lenovo, é de agardar que o fabricante chinés mellore a distribución internacional dos seus smartphones grazas á adopción dunha marca máis recoñecida en Occidente, pero Lenovo continúan a lanzar novos móbiles de impresionante factura, como o Lenovo Vibe Z, que sairá á venda a finais de mes na India a un prezo de 34.999 rupias (424,24 euros).
Estamos ante un smartphone bastante destacable, por contar cunha pantalla Full HD de 5,5 polgadas, funcionar cun procesador Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,2 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, contar con cámara traseira de 13 Mpíxeles con sensor retroiluminado e dobre flash LED, cámara dianteira de 5 Mpíxeles con grande angular, batería de 3.000 mAh, un grosor de só 7,9 milímetros e un peso de 147 gramos, que chegará ao mercado con Android 4.3 coa capa gráfica de Lenovo. Un auténtico móbil insignia que amosa a forza bruta que pode achegar Lenovo noso seus dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE