Lenovo presenta un smartphone de dobre SIM resistente á auga

martes, 11 de setembro do 2012 Marcus Fernández

En certos mercados os móbiles que permiten albergar no seu interior varias tarxetas SIM teñen unha elevada demanda e Lenovo decidiu marcar a diferenza entre esta gama de teléfonos co seu IdeaPhone A660, que aparte de funcionar con Android 4.0 tamén conta con certificación IP67, ou sexa, que é resistente ao po e á auga, á vez que inclúe Corning Gorilla Glass para protexer a súa pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 480 x 800 píxeles.
Aperte de ser Dual SIM, do Lenovo IdeaPhone A660 tamén podemos comentar que funciona cun procesador de dobre núcleo a 1 GHz, cámara de 5 Mpíxeles e batería de 1.500 mAh. Comercializarase inicialmente no mercado chinés, descoñecéndose polo momento se Lenovo pensa traelo a Europa.

PUBLICIDADE