Lentes de sol con cámara de vídeo integrada

luns, 10 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Unha tenda británica está a vender pola Rede uns lentes de sol que integran na súa montura unha cámara e que se comunica cun reprodutor/gravador de vídeo con 32 Mb de memoria (ampliable con tarxetas SD ou MMC).
Deste xeito, o que vemos polos lentes podémolo gravar a unha resolución 510x492 (para NTSC) ou 500x582 (para PAL), o que non é a mellor definición do mundo, pero está moi preto da resolución dun DVD.
O equipo sería axeitado para xornalistas de investigación, investigadores privados e, por qué non dicilo, miróns, xa que permite facer gravacións dun xeito moi disimulado, aínda que o seu prezo non está ó alcance de calquera peto, xa que custan 816,63 libras con impostos incluídos (uns 1.202 euros).

PUBLICIDADE