Levan os vellos controis de xogo aos dispositivos móbiles actuais
mércores, 15 de febreiro do 2012
Os amantes do retro que conten un iPhone, un iPad ou un
dispositivo con Android poderán lembrar os videoxogos dos anos 80 dun xeito
máis realista grazas ao iCade 8-Bitty,
un mando sen fÃos que conta cunha cruceta e varios botóns lembrando os controis
das primeiras consolas domésticas de Nintendo, e que permitirán un mellor manexo
que a pantalla táctil de smartphones
e tablets, pola resposta táctil que teñen os mandos fÃsicos.
Este novo mando para dispositivos móbiles é compatible con numerosas
aplicacións retro como a Atari Classics collection (que conta con máis dun
cento de tÃtulos), Pac-Man, Super Mega Worm e moitos outros (entre os que
figura o popular emulador MAME), contando cunha interface aberta que facilita
que os desenvolvedores adapten os seus tÃtulos a este atractivo mando. Este
curioso accesorio precisa para funcionar 2 pilas AAA e terá un prezo de venda
de 24,99 dólares (19,14 euros), aÃnda que non se concretou aÃnda a data na que chegará
ao mercado.