Liberada e dispoñíbel en galego a versión 4.14 do escritorio XFCE
martes, 20 de agosto do 2019
Para
quen teña un computador antigo ou limitado e queira contar cun
escritorio sinxelo que tire proveito do sistema sen esgotalo,
informarlle que vén de ser liberada a versión 4.14 da contorna
XFCE, e faino cen por cen traducida ao galego e migrada a GTK3,
conxunto de ferramentas GUI multiplataforma con ligazóns a moitas
linguaxes (C, C++ Python, Vala) e con posibilidade de ser usada
libremente pola comunidade de desenvolvedores. A versión presentada
agora é o froito de catro anos de traballo. A posibilidade usar o
escritorio en galego esténdese á propia web do proxecto,
www.xfce.org, que tamén está
dispoñíbel na nosa lingua.
Outras
novidades relevantes serían, segundo salientan dende Mancomún, a
integración de GDBus, o soporte de GObject Introspection, Vsync a
través de OpenGL e HiDPI. O escritorio tamén ten a vantaxe da
súa sinxeleza e o seu estilo intuitivo e desprovisto
complementamente de alardes de deseño, pero, como salienta dende o
devandito portal galego, coa vantaxe de ser “personalizábel e
estábel”.