Life is Strange destaca entre os xogos de PS Plus do mes de xuño

mércores, 31 de maio do 2017 Marcus Fernández

Durante o mes de xuño dá a impresión de que Sony quere redimirse de meses de mediocridade na súa selección de xogos ofrecidos a través de PlayStation Plus, e sorprende elevando considerablemente a calidade dos que estarán dispoñibles a partires do 7 de xuño, especialmente para PlayStation 4, que recibirá o violento Killing Floor 2 e o máis que destacable Life is Strange.
Killing Floor 2 é un xogo de acción en primeira persoa no que os xogadores loitan contra un brote provocado por un experimento falido que traduciuse nunha infestación das rúas de zombis que atacarán en hordas e ante os que desatarase unha grande violencia, que é o que busca este título: acción pura e brutal.
A acción de Killing Floor 2 contrasta con Life is Strange, un xogo independente que está considerado toda unha obra mestra na que vívese unha aventura episódica na que coñecemos a Max Caulfield, unha estudante de fotografía que descubre ser quen de retroceder no tempo ao salvar á súa mellor amiga, Chloe Price. Xuntas comezan a investigar a desaparición doutras estudante, descubrindo outros misterios, así como as consecuencias que pode ter no futuro a alteración do pasado. Un xogo imprescindible para os que gusten das novas fórmulas narrativas.
Os xogos de PS3 que chegarán en xuño serán WRC 5: World Rally Championship (un simulador de rallies) e Abyss Odyssey (xogo de acción e aventura de desprazamento lateral dun estudo independente chileno); mentres que para PS Vita teremos Neon Chrome e Spy Chameleon.

Vídeo promocional dos xogos de PS Plus do mes de xuño

PUBLICIDADE