Lily Camera, o dron que se vende como unha cámara voadora persoal
mércores, 13 de maio do 2015
Un par de alumnos de Berkeley decidiron aplicar a súa
experiencia en robótica ao mundo da fotografía, procurando eliminar un par de
limitacións comúns á necesidade de que as cámaras precisen de operador, como é
que o tipo de instantáneas que poden tomarse depende das súas habilidades e o
fotógrafo queda fóra da imaxe. Con este obxectivo levan un par de anos
traballando na Lily Camera, que aínda
que poidamos definila como un dron, para
os seus responsables é unha “cámara voadora persoal” que permite documentar
a vida dun novo totalmente distinto.
O produto que están a desenvolver é un quadricóptero que mide 26,1 x 26,1 x
8,18 centímetros e 1,3 quilogramos de peso, que integra unha batería recargable
de Ion-Litio que tras 2 horas de carga achega unha autonomía de 20 minutos e
que goza de protección IP67, polo que sería ideal para rexistrar actividades deportivas
e ao aire libre. Este vehículo voador autónomo está equipado cunha cámara Full
HD capaz de gravar a 60 imaxes por segundo (pode capturar imaxes a 120
fotogramas por segundo se reducimos a resolución a 720p) e disparar fotografías
de 12 Mpíxeles, que consegue estabilizar a imaxe de xeito dixital e que móvese perseguindo
a un dispositivo de seguimento de 6 centímetros de diámetro, 2 centímetros de
grosor e 75 gramos de peso, que pode levar comodamente o usuario para que a
cámara o grave dende unha altura de entre 1,75 e 15 metros e a unha velocidade
de movemento máximo de 40 quilómetros por hora, situándose a unha distancia do
usuario de entre 1,75 e 30 metros.
- O dispositivo de seguimento pode vestirse grazas a unha carcasa somerxible con correa
Temos así unha cámara que pode transportarse nunha mochila, que para facela
funcionar só temos que levar enriba o seu dispositivo de seguimento e logo
lanzar a cámara ao aire, para que nos persiga mentres realizamos algunha actividade
deportiva. A Lily Camera pode empregarse en conxunción cunha aplicación móbil
para iOS e Android, que permite cambiar a configuración da cámara, personalizar
os disparos e facilitar a compartición de contidos e, aínda que este produto
está previsto que se venda a un prezo de 999 dólares, até o 15 de xuño ten un
prezo promocional de 499 dólares (471,21 euros cos gastos de envío incluídos,
aínda que podería ocasionar cargos arancelarios), o que parece unha oferta
irresistible para moitos amantes dos deportes ao aire libre, aínda que pola
contra temos que o produto non se remitiría aos compradores até febreiro de
2016.
Vídeo de presentación da Lily Camera