Chegan a España os Samsung Galaxy S10 Lite e Note10 Lite

martes, 4 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Hai preto dun mes presentáronse os smartphones Samsung Galaxy S10 Lite e Note10 Lite, como unha alternativa aos móbiles insignia da marca surcoreana, que conseguían reducir o seu prezo grazas á realización de pequenas concesións e finalmente confirman a súa chegada oficial a España, de xeito que poderemos adquirir o Galaxy S10 Lite por un prezo recomendado de 659 euros, mentres que o Galaxy Note10 Lite venderase por 609 euros, facendo máis accesible a adquisición dun smartphone con S Pen.
Aínda que estamos ante teléfonos moi semellantes en prestacións (ambos teñen pantalla de 6,7 polgadas, 128 GB de almacenamento interno e batería de 4.500 mAh), son o suficientemente diferentes como para que un usuario poida decantarse por un ou outro segundo o uso principal que vaia dar ao mesmo, de xeito que Galaxy S10 Lite está máis enfocado para fotografías e tarefas esixentes (como xogos, xa que conta cun procesador máis potente e 8 GB de RAM e a cámara principal é de 48 Mpíxeles) mentres que o Galaxy Note10 Lite sería máis recomendable para produtividade, grazas ás posibilidades que abre o uso do lapis dixitalizador.

PUBLICIDADE