LittleBigPlanet Karting chegará á PS3 o 8 de novembro

mércores, 8 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Quen reserve o xogo poderá facerse con 3 traxes e 3 vehículos adicionais para LittleBigPlanet Karting

Un dos títulos que aspira a converterse no Mario Kart para PlayStation é o LittleBigPlanet Karting, que introduce aos populares Sackboys no mundo das carreiras en vehículos motorizados do que por fin sabemos a súa data de lanzamento, que será o 8 de novembro e premiándose aos usuarios que o reserven cun Game Maker Pack, lote de contidos descargables entre os que figuran 3 traxes distintos e 3 karts.
O xogo contará adicionalmente cunha edición especial da que aínda non se coñecen máis detalles que o feito de que contará cunha portada 3D lenticular. Este título pretende trunfar en boa medida por repetir a fórmula doutras entregas de LittleBigPlanet, ou sexa, permitindo a posibilidade de deseñar os nosos propios circuítos mediante un editor incluído no xogo. Os vehículos e a vestimenta dos Sackboys tamén poderán personalizarse, e todos estes produtos obra da imaxinación e o traballo dos usuarios poderán compartirse en liña para o goce doutros xogadores de calquera curruncho do mundo.
Para o anuncio da data de lanzamento de LittleBigPlanet Karting Media Molecule optaron por estrear un trailer do xogo cunha clara inspiración nos Xogos Olímpicos que están a desenvolverse nestas datas:

O xogo para PS3 terá tamén unha edición especial da que aínda non se coñecen os detalles
O novo xogo de Media Molecule podería converterse no Mario Kart de PlayStation 3

PUBLICIDADE