Logitech facilitará a integración de teclados fÃsicos na realidade virtual
venres, 3 de novembro do 2017
Existen aplicacións da realidade virtual que van moito máis
aló dos xogos, e en certos casos as interfaces para a comunicación e a
interacción continúan a ser todo un reto a superar, de aà que Logitech decidise
saÃr ao rescate e unir forzas con HTC para o BRIDGE
SDK, un kit de desenvolvemento de software para facilitar a creación de
aplicacións de realidade virtual nas que poida integrarse un teclado fÃsico.
A solución está composta por un teclado Logitech G, un accesorio que facilita
que o Vive Tracker poida localizar correctamente o teclado e o software que
permite que todo isto funcione de xeito conxunto, para que nas aplicacións de
realidade virtual sexa posible ver e usar o teclado fÃsico sen ter que quitar o
casco.
Polo momento Logitech só está a repartir 50 destes kits entre desenvolvedores
seleccionados, para colaborar na creación de experiencias de realidade virtual
baseada en teclados, abrindo a solicitude de
peticións desta solución o vindeiro dÃa 16. De detectar unha alta demanda,
construirán máis unidades para satisfacer aos desenvolvedores.
Este tipo de solucións parecen inevitables, xa que para, por exemplo, acceder a
páxina web dende a realidade virtual é preciso empregar interfaces de control
que sexan áxiles, e dado que o teclado fÃsico aÃnda é a interface de introdución de texto máis
empregada en moitas situacións, trasladalo a escenarios virtuais parece unha
boa idea que merece ser explotada.
VÃdeo promocional do Logitech BRIDGE SDK