Logitech libra de cables os seus auriculares Pro para gamers

martes, 28 de xullo do 2020 Marcus Fernández

Habitualmente os auriculares para gozar de videoxogos son de cable para evitar problemas de latencia, pero pouco a pouco esta eiva vaise solucionando, e así presentan hoxe os auriculares gaming sen fíos Logitech G Pro Lightspeed, que prometen unhas especificacións iguais ás dos auriculares profesionais da marca, aso que equiparon cun sistema de comunicación sen fíos de alta velocidade na banda dos 2,4 GHz. Con esta tecnoloxía os auriculares teñen unha autonomía de até 20 horas e un alcance de até 13 metros.
Os auriculares inclúe o software Blue Voice para conseguir unha maior claridade nas comunicacións de voz durante as partidas en liña ou durante a realización de streaming; tamén ofrecen son envolvente DTS 7.1; e aos súas almofadas son de escuma con memoria de xeito que resultan confortables durante as longas sesións de xogo.
Estes novos auriculares están á venda nos EE.UU. por 199,99 dólares, incluíndo receptor USB para as comunicacións sen fíos, cable de carga e bolsa de transporte.

Vídeo promocional dos novos auriculares de Logitech

PUBLICIDADE