Logitech presenta novos auriculares para xogadores

mércores, 21 de setembro do 2022 Marcus Fernández

De cara aos afeccionados aos videoxogos chegan os novos auriculares Logitech G FITS, que prometen un axuste personalizado e un bo funcionamento con ordenadores, dispositivos móbiles e consolas. Grazas ao moldeado LIGHTFORM os extremos dos auriculares amoldaranse aos ouvidos do usuario en só 60 segundos, conseguindo así un axuste perfecto; os transdutores de 10 milímetros ofrecen son pleno, cálido e detallado con graves profundos; contan con conectividade Bluetooth de baixa latencia, aínda que para unha conexión aínda mellor, que combine alto rendemento con conectividade estable pode comunicarse mediante a tecnoloxía LIGHTSPEED, para o que inclúe un receptor USB que permite conectar os auriculares a un PC, un Mac, unha PS5, unha PS4, unha Nintendo Switch e dispositivos Android; os seus micrófonos empregan tecnoloxía de formación de feixes para poder captar ao voz de xeito alto e claro; o seu deseño ofrece supresión de ruído pasiva; e contan cunha autonomía de até 7 horas de uso con LIGHTSPEED (ampliables 8 horas máis co seu estoxo de carga), mentres que con Bluetooth consegue até 9 horas de autonomía (ampliable outras 11 horas co estoxo de carga).
Estamos ante un accesorio moi interesante que ten previsto chegar ao mercado no mes de outubro.

Vídeo promocional dos auriculares Logitech G FITS

PUBLICIDADE