Logitech presenta un novo rato para xogadores

venres, 19 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Pensando nos xogadores de PC chega o rato Logitech Gaming Mouse G300, que cunha forma compacta (mide só 112 x 73 x 35 milímetros), multitudes opcións de configuración, unha resolución óptica de 2.500 puntos por polgada e un deseño ambidextro chegará ás tendas europeas o mes que vén por 39,99 euros.
Este novo rato conta con 9 controis programables (evitando o uso do teclado para certos atallos), varios perfís configurables que se representan mediante unha luz no rato que muda de cor (para saber en cada momento o perfil que estamos a usar), unha velocidade de resposta de só 1 milisegundo e unha construción resistente, sendo capaz de aturar os seus botóns ata 10 millóns de pulsacións.

A luz do rato muda de cor segundo o perfil de usuario que estea activo

PUBLICIDADE