Logitech presenta un rato para o sofá
venres, 21 de xaneiro do 2011
Os ratos
informáticos operan cada vez sobre máis superficies gañando en versatilidade,
resultando bastante orixinal nesta liña o Logitech
Wireless Mouse M515, que cun formato clásico, conta cunha carcasa sellada
para mellorar o deslizamento do dispositivo sobre superficies brandas coma
almofadas, o sofá ou telas, evitando que o po e o peluxe altere o seu funcionamento.
O rato tamén conta cun sensor de detección da man do usuario (de xeito que
desactÃvase cando non o suxeita unha persoa) e a súa comunicación co ordenador
é a través da tecnoloxÃa sen fÃos Logitech Unifying. Chegará ao mercado europeo
no mes de abril a un prezo estimado de 49,99 euros.
- O M515 é ideal coma rato para o salón