Logtech presenta un lapis dixitalizador para Chromebooks

martes, 18 de xaneiro do 2022 Marcus Fernández

O uso de Chromebooks nas aulas é moi frecuente nos EE.UU., e para tirar un maior proveito destes equipos anuncian o Logitech Pen, un lapis dixitalizador que funciona nos Chromebooks con pantalla táctil que soporte o estándar USI. Deste xeito pretenden que os estudantes poidan replicar en pantalla actos físicos como a realización de anotacións durante unha clase.
O Logitech Pen ten unha zona de agarre de silicona e a súa punta detecta até 4.096 niveis de presión, conseguindo unha precisión en pantalla moi superior a empregar un dedo ou un lapis deseñado para simular o dedo sobre a pantalla. Este lapis ten un porto de carga USB-C e a súa autonomía estaría preto dos 15 días de uso.
Polo momento o Logitech Pen venderase nos EE.UU. a un prezo de 64,99 dólares.

O lapis rexistra até 4.096 niveis de presión

PUBLICIDADE