Los Inmortales terán videoxogo en 2008

martes, 22 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A saga cinematográfica de Los Inmortales, pese a comezar hai máis de 20 anos, aínda se mantén moi viva, non só con novas películas e series de televisión, senón tamén cun videoxogo, Highlander, que sairá este ano para Xbox 360, PlayStation 3 e PC.
Eidos Interactive estase a encargar do desenvolvemento do novo videoxogo de acción que nos permitirá meternos na pel de Owen MacLeod, un inmortal que durante 2.000 anos combaterá con outros da súa especie nas terra altas escocesas, no Xapón feudal ou na cidade de New York, valéndose de armas e habilidades especiais (coma lanzar ataques eléctricos ou simular a propia morte tras unha caída a grande altura). O xogador incrementará as súas habilidades decapitando a outros inmortais.
A historia do videoxogo conta co mesmo guionista da serie de televisión e utiliza o motor gráfico de Unreal Engine 3.

PUBLICIDADE