Los Simpson: Springfield ingresou máis de 23 millóns de dólares
xoves, 26 de setembro do 2013
Seguindo os pasos de xogos como FarmVille, CityVille ou os
propios Pitufos, Electronic Arts
lanzou o ano pasado un xogo de balde dos Simpson para iOS, empregando a cada
vez máis habitual fórmula do Free-to-Play, e este xogo que consiste en
reconstruÃr a cidade de Springield despois dunha explosión nuclear causada por
Homer demostrou que nalgunhas ocasións o modelo de negocio adoptado resulta
ideal, xa que veñen de recoñecer que o xogo xerou 23
millóns de dólares en compras dentro da aplicación.
Estes cartos proveñen da compra de rosquillas (a moeda virtual do xogo) para
poder desbloquear elementos do xogo evitando botar moitas máis horas do
desexable para avanzar, e aÃnda que esta mesma fórmula a empreguen moitos
outros xogos que poderÃan canibalizarse
entre eles, o feito de ter detrás unha marca tan recoñecible como a dos Simpson
foi crucial para que este tÃtulo conseguise destacar no tan competitivo mercado
das aplicacións móbiles. É posible asà que unha aplicación pola que non se
cobra nada pola súa descarga chegue a xerar máis ingresos que se fose de
pagamento dende o seu lanzamento.
- Un accidente provocado por Homer levaranos a ter que reconstruÃr Springfield no xogo