Los Sims 3 sairá en febreiro de 2009

xoves, 21 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Los Sims, a saga de videoxogos líder para PC (que na actualidade aínda encabeza as vendas desta plataforma grazas ás súas múltiples ampliacións) renovarase o 20 de febreiro coa súa nova entrega que se estreará a nivel mundial. A partir de tal data se poderá mercar Los Sims 3 tanto en tendas coma en servizos de descargas.
O novo xogo incluirá unha veciñanza aberta, aparencia gráfica renovada, características avanzadas de creación dos nosos propios Sims, e moitos outros detalles que encantarán aos máis fieis seguidores da franquicia, que incluso poderán adquirir unha edición de coleccionista que inclúe un coche deportivo para os nosos Sims, unha unidade USB, un libro de pistas e uns adhesivos.

PUBLICIDADE