MEDION decora con fundas de cores os seus novos ultraportátiles

xoves, 19 de maio do 2011 Marcus Fernández

Para dar un toque de estilo aos seus ultraportátil, MEDION presenta o seu equipo AKOYA E1225, que cun procesador Intel Atom N455 a 1,66 GHz, pantalla de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, gráfica Intel GMA 3150, 1 Gb de RAM, 250 Gb de disco de disco duro, cámara de 1,3 Mpíxeles, Bluetooth 3.0, 1 porto USB 3.0, 2 portos USB 2.0, batería de 6 celas e sistema operativo Windows 7 Starter sorprenden con ClipCover, unha especie de funda ríxida para a súa tapa superior que se comercializa en varias cores (azul escuro, azul ceo, púrpura, rosa e vermello).
Este ultraportátil de 266 x 185 x 24,5-33,5 milímetros e 1,25 quilos de peso ten fixado o seu prezo no mercado alemán en 329 euros (custando 24,95 euros cada ClipCover), aínda que vén de anunciarse que Media Markt vai achegalo en exclusiva a España no mes de xullo a 279 euros.

PUBLICIDADE