MP4 con Internet Radio e tecnoloxía Wi-Fi de Airis

luns, 21 de xullo do 2008 Raquel Noya

Airis, a empresa de informática e electrónica de consumo pertencente ó grupo multinacional Infinity System vén de anunciar a dispoñibilidade de dous novos modelos de MP4 que destacan polo seu deseño e as súas múltiples funcionalidades.
O MP402W e o MP404W, ademais de cumplir as súas funcións normais de reproducción de arquivos en formato MP4 e WMA, permítenlle aos usuarios conectarse a máis de 10.000 emisoras de radio de todo o mundo grazas ao sistema Internet Radio.
Asemade, debido a que integran o último en tecnoloxía WiFi, estes dispositivos de Airis satisfacen as demandas dos usuarios que queren manterse informados en todo momento da actualidade mundial ao tempo que melloran os seus momentos de ocio.
Unha das cualidades que máis sorprenderon destes novos trebellos é a súa capacidade para reproducir arquivos en formato MP3 ou WMA dende un PC sen telos almacenados no MP4 (streaming de Audio dende PC) e sen conectalos fisicamente.
Ámbolos dous modelos presentan pantalla TFT con LCD 2,4”, resolución 240x320, 262.000 cores, gravación de voz e FM en formato WAV, soporte de tarxeta de memoria micro SD ata 2 XB e batería de litio.
O seu prezo é de 119 euros para o modelo en negro (o MP402W) e de 129 euros para o vermello (MP404W).

PUBLICIDADE