MSI comercializará tablets a menos de 300 dólares

martes, 31 de maio do 2011 Marcus Fernández

A chegada dos tablets co sistema operativo Android ao mercado foron unha pequena decepción por non provocar unha guerra de prezos no sector, xa que a meirande parte de fabricantes non foron capaces de competir con Apple en prezos, o que parece que vai camiño de cambiar, pois MSI presentou no Computex o WindPad Enjoy 10, un tablet con Android que conta cunha pantalla de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, 4 Gb de almacenamento interno, 512 Mb de RAM, procesador ARM Cortex A8 a 1,2 GHz, 2 cámaras de 2 Mpíxeles (capaces de gravar vídeo a 720p), un peso de 795 gramos e un prezo estimado de 299 dólares.
Paralelamente tamén comercializarán o Enjoy 7, que tería unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, cun peso de 395 gramos e un prezo aínda inferior, o que resultará prometedor para os que queiran introducirse no mundo dos tablets, aínda que neste produtos non terán unha experiencia plenamente satisfactoria, pois estes trebellos operan con Android 2.3 (optimizado para móbiles, non para tablets).

PUBLICIDADE