Magic Leap prepara un novo casco de realidade aumentada
luns, 11 de outubro do 2021
Na carreira por facerse co mercado da realidade aumentada
destacou hai uns anos Magic Leap, unha iniciativa empresarial da que comentábase
que contaba con 4.500 millóns de dólares para facer realidade o seu soño, decepcionando
enormemente ao presentar as Magic Leap One, casco de realidade aumentada moi
avanzado e de grande calidade, pero que só ofrecÃa un campo de visión de 50
graos, polo que estaba moi lonxe da promesa realizada pola compañÃa.
As Magic Leap One tiñan un prezo elevado e unha distribución moi limitada,
aÃnda que podemos lembrar que hai un par de anos puideron
verse en Galicia dentro do encontro Mundos Digitales, e agora prometen un
novo asalto dentro deste arriscado negocio do que aÃnda non se sabe moi ben
cando cruzarán a barreira que farán que esteamos ante un produto de consumo que
poida ter unha comercialización masiva.
Aseguran que ao longo de 2022 verán a luz as Magic
Leap 2, unha nova xeración de produto que será un casco máis lixeiro e
compacto, enfocado para un uso empresarial, que tamén ofrecerÃa o campo de
visión máis amplo da industria, e para facer realidade esta nova xeración de
casco de realidade aumentada terÃan recibido 500 millóns de dólares de
financiamento, dando a entender que aÃnda hai quen confÃa en que este proxecto
poida chegar a bo porto.
Magic Leap tamén pechou acordos de colaboración con Google Cloud, PTC, nVIDIA e
VMWare, que achegarán as súas aplicacións e tecnoloxÃas á plataforma de Magic
Leap, axudando asà ao desenvolvemento de ferramentas que resulten prácticas
para o mundo da empresa, enfocándose especialmente a sectores como o sanitario,
a fabricación e o sector público.