Máis de 500 empresas do Ceao xa contan coas velocidades de 1 Gbps de R
luns, 1 de marzo do 2021
As
empresas do Polígono do Ceao, en Lugo, xa teñen a súa disposición
as velocidades de 1 Gbps que ofrece a nova tecnoloxía despregada
por R na dita contorna industrial da cidade da Muralla ao longo dos
últimos meses. En concreto, o subministro de tecnolóxica
permitiralles a máis de medio milleiro de empresas acadar a
devandita velocidade de conexión e, ademais, poralles ao alcance da
man “accesos á Rede máis estables e homoxéneos”, segundo
informou a operadora galega.
R
engade ademais que a súa aposta por levar a fibra FTTH á máxima
cantidade contornas da nosa xeografía estase a reflectir noutras
zonas industriais galegas: “Este eixe de actuación ten permitido
ofrecer unha mellora do servizo nun total de 24 polígonos
empresariais de Galicia, que aglutinan a preto de 9.000 empresas e/ou
emprendedores”, explica R, engadindo que estes traballos de rede
“teñen suposto un investimento global de 0,2 millóns de euros e
enmárcanse dentro dos plans anuais de R para optimizar e mellorar a
calidade e potencia da súa rede de fibra, de cara a ofrecer os
servizos máis avanzados, en maior medida, se cabe, para as empresas
galegas”.