Maldita Castilla EX terá versión para PS Vita
mércores, 25 de outubro do 2017
O
periplo comercial do xogo con aire retro Maldita Castilla EX non
para de dar alegrÃas aos amantes deste tipo de tÃtulos, e tras
adaptarse o xogo a Xbox One, PlayStation 4, PC (Steam) e Nintendo 3DS chega
agora a unha plataforma máis, PlayStation
Vita, consola portátil para a que verá a luz o 9 novembro a un prezo de
11,99 euros na PlayStation Store.
Para este novo lanzamento Abylight Studios e Locomalito uniron forzas con
Eastasiasoft Limited, o que posibilita que non só vaiamos ver este tÃtulo en
dixital, senón que a través de Play-Asia venderán 4.000 copias nunha edición
fÃsica que poderase reservar a partires do 1 de novembro a un prezo de 34,99 dólares,
co que inclúen unha copia do xogo, manual de instrucións a toda cor (20
páxinas), CD coa banda sonora (56 pistas/70 minutos), libro de fotografÃas co Making of do xogo (32 páxinas) e caixa
de coleccionista.
Este xogo coñécese internacionalmente como Cursed
Castilla e trátase dunha homenaxe a tÃtulos como Ghost’n’Goblins, pero mudando a súa imaxe para adaptarse a España e
á mitoloxÃa europeo, ofrecendo 8 fases distintas con máis de 48 inimigos, 19
xefes finais e até 4 finais diferentes.
- Play-Asia venderá o xogo en edición fÃsica