Mar Pereira destaca as capacidades de Galicia para estar na liga dixital europea

martes, 19 de novembro do 2019 Redacción

A directora da AMTEGA, Mar Pereira, inaugurou hoxe o Encontro Presentación do Capítulo Galego da Asociación Española para o Fomento da Seguridade da Información ISMS Forum, que se celebra en Santiago de Compostela, onde sinalou que Galicia ten capacidades para estar na liga dixital europea. O Capítulo Galego do ISMS Forum presentado hoxe busca promover o desenvolvemento, coñecemento e cultura da seguridade da información e actuar en beneficio de toda a comunidade implicada no sector. ISMS Forum Spain ten xa a máis de 230 empresas asociadas e máis de 1.200 profesionais asociados.
Pereira destacou que Galicia aproveitou ben os fondos europeos para impulsar a transformación dixital e que a nova Estratexia Dixital de Galicia 2030, en proceso de elaboración, quere atraer máis financiamento para impulsar tecnoloxías de futuro, como a tecnoloxía dos datos, a nova conectividade ou a ciberseguridade como marco indispensable da economía dixital. A directora da AMTEGA fixo fincapé na importancia da colaboración público privada neste ámbito. e na necesidade de atraer talento para poder desenvolver todas as iniciativas en marcha.

PUBLICIDADE