Marco dixital de Sanyo con Wi-Fi

martes, 28 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os marcos dixitais son un produto cada vez máis habituais nos fogares, pero habitualmente teñen unhas prestacións bastante reducidas, pero en ocasións aparecen dispositivos deste tipo moi completos, que non se cortan nin no prezo coma o Sanyo HNV-M70 ALBO, que ten unha pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, 256 Mb de memoria interna, conectividade Wi-Fi e funciona co sistema operativo Windows CE 5.0, de xeito que é capaz de acceder a imaxes dende servizos que ofrezan fluxos RSS (coma Picasa Web Album), coller imaxes de móbiles a través dun porto de infravermellos, recibir correos electrónicos e mesmo se pode utilizar coma reprodutor musical (soporta ficheiros MP3, WMA e WAV).
Conta cun lector de tarxetas de memoria (SD, SDHC, MS Duo e MS Duo Pro), a súa imaxe ten rotación automática e o seu prezo de venda no Xapón é de 40.000 iens (uns 334 euros).

PUBLICIDADE