Mario Kart Tour proba o seu multixogador
xoves, 23 de xaneiro do 2020
A
chegada a iOS e Android de Mario Kart Tour converteuse en todo un
fenómeno por permitir levar una experiencia de xogo semellante á dun Mario
Kart de consola a dispositivos móbiles, pero faltáballe un detalle moi
importante: a posibilidade de competir con outros xogadores.
O modo multixogadore de Mario Kart Tour está a piques de ver a luz, e
para poder comprobar as súas posibilidades será posible probalo até o vindeiro dÃa
28, perÃodo no que desenvolverase unha fase de probas que
desta volta está totalmente aberta a xogadores de todo o mundo (e non só a
subscritores de pagamento).
Cómpre ter en conta que, ao estarmos ante unha proba para detectar problemas e
corrixilos antes do lanzamento oficial, o xogo pode presentar problemas de
estabilidade, conxelarse, presentar retardos e outro tipo de fallos que irán
arranxando paulatinamente para conseguir que a experiencia de xogo final sexa o
mellor posible. Tamén hai que advertir de que este modo de xogo depende da
posición xeográfica do usuario, polo que é preciso activar a localización do
noso smartphone para poder empregala.