Mario Sports Mix chegará á Wii en febreiro

venres, 24 de decembro do 2010 Marcus Fernández

As aventuras de Mario van moito máis aló de xogos de plataformas, e tamén teñen bastante aceptación no xénero deportivo, con xogos de tenis, carreiras ou olimpíadas, do que son moi conscientes en Nintendo, de aí que anuncien para o vindeiro 4 de febreiro o xogo Mario Sports Mix, que integra nun único título baloncesto, balón prisioneiro, hóckey e volleyball, no que promete ser un dos supervendas da primeira metade de 2011.
No novo xogo aparecerán personaxes coma Wario, Diddy Kong, Bowser, Yoshi e moitas figuras de xogos de Nintendo que animarán as pachangas na Wii, que contarán con características e ataques de seu. Tamén contará coa posibilidade de xogar a 4 xogadores, tanto a pantalla partida coma en liña, garantindo moitas horas de diversión.

PUBLICIDADE