Marvel Heroes iniciará a súa beta o 1 de outubro

venres, 7 de setembro do 2012 Marcus Fernández

Marvel Heroes será un xogo con certas semellanzas a Diablo

Os personaxes dos comics da Marvel non só están a ter un importante impacto na grande pantalla, senón que tamén están a ter bastante presenza nos videoxogos, o que nos últimos días percíbese a través dun parte de títulos, un para PC e outro para dispositivos móbiles. Temos así que Gazillion Entertainment está a desenvolver Marvel Heroes, un xogo de rol de acción multixogador (con certas semellanzas a Diablo) que o vindeiro 1 de outubro abrirá a súa beta privada, de xeito que os interesados en participar no período de probas do xogo poden inscribirse na páxina web oficial do título.

No primeiro episodio de Avengers Initiative controlaremos ao incrible Hulk

Os que queira xogar dende xa mesmo con personaxes da Marvel poden adquirir Avengers Initiative, xogo que xa está dispoñible para iOS na App Store por 5,49 euros, e para trebellos con Android en Google Play por 5,54 euros, e que na súa primeira aventura ponnos baixo a pel de Hulk para localizar a distintos inimigos (Wendigo, Abominación, kronanos e skrulls) aos que derrotar para protexer ao mundo, cunha mecánica como a de Infinity Blade e uns gráficos igual de impactantes. Os que adquiran o xogo recibirán novos episodios de balde, nos que poderemos encargar a outros poderosos Vingadores como o Capitán América, Thor e Iron Man.


Trailer de Avengers Initiative

En Marvel Heroes farán acto de presenza personaxes como o Castigador e Daredevil

PUBLICIDADE