Memoria Flash para fendas ExpressCard

venres, 12 de decembro do 2008 Marcus Fernández

A ampliación da capacidade de almacenamento de datos nun ordenador portátil se fai habitualmente a través de discos duros externos e memorias USB, pero tamén existen alternativas interesantes como as tarxetas ExpressCard OCZ Slate, que se venderán en breve en capacidades de 8, 16 e 32 Gb a prezos que nos EE.UU. oscilan entre os 24,69 e os 86,44 dólares. Estas unidades de disco tamén contan cun porto miniUSB para poder conectalas a un PC que non conte con fenda ExpressCard (presente en boa parte dos portátiles actuais, aínda que non en ultraportátiles), e a principal vantaxe deste tipo de memorias é que só miden 75 x 34 x 5 milímetros, polo que son doadas de transportar e unha vez conectadas ao portátil resultan invisibles externamente.
Tampouco hai que esquecer que as unidades OCZ Slate son memorias Flash, o que fai que o seu consumo sexa reducido, de aí a súa idoneidade para o seu uso en equipos portátiles (para optimizar a duración das súas baterías) aínda que a súa velocidade tampouco é moi elevada (18 Mbytes/seg. de lectura e 12,5 Mbytes/seg. de escritura) polo deberían limitarse a copias de ficheiros (e non a traballar directamente sobre as mesmas).

PUBLICIDADE