Memoria USB coa forma da cabeza de Mickey Mouse

mércores, 28 de novembro do 2007 Marcus Fernández

A-DATA estreou unha nova liña de memorias USB cunha aparencia externa atractiva para os cativos pois semella a cabeza do mítico rato Mickey. A unidade de memoria T703 se vende en capacidades de 1, 2 e 4 Gb, 3 cores, e só pesa 15 gramos, polo que é doada de transportar, pero o curioso é o seu deseño, xa que a unidade en si é unha das orellas do rato da Disney, de xeito que ó conectalo co resto das pezas pasa inadvertido, servindo para decorar unha mochila ou un teléfono móbil, permitindo que os máis pequenos da casa aproveiten a creatividade do trebello para que non se limite a ser un chisme electrónico máis, e se converta nun elemento de diversión e decoración personalizable coa nosa fotografía favorita.

PUBLICIDADE