Memoria USB con abre-botellas

martes, 16 de setembro do 2008 Marcus Fernández

TrekStor porá á venda en outubro a prezos de entre 6,99 e 49,99 euros (dependendo da súa capacidade) un memoria USB cunha cuberta de aluminio que lle dá unha resistencia suficiente como para que se poida empregar coma abridor de botellas sen que rompa.
O USB stick CO permite rápidas transferencias de datos, cunha velocidade de lectura de 25 Mb/seg. e 12 Mb/seg. de escritura. Pode funcionar coma dispositivo arrancable, é compatible con Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X e Linux e as súas capacidades serán de 1, 2, 4, 8 e 16 Gb.

PUBLICIDADE