Memoria USB de Kingston con 32 Gb de capacidade

xoves, 9 de outubro do 2008 Marcus Fernández

As memorias USB non paran de incrementar a súa capacidade e agora xa se pode adquirir nos EE.UU. por 139 dólares a Kingston Datatraveler 150, que en 77,9 x 22 x 12,05 milímetros agocha unha capacidade de 32 Gb, o que permite que os usuarios non teñan que levar varias memorias cos seus ficheiros (pouca xente precisa transportar máis desa cantidade de datos).
A unidade de memoria funciona en Windows 2000/XP/Vista, Mac OS X 10.3 (ou superior) e Linux 2.6 (e superior) e sorprende por contar cunha garantía do fabricante de 5 anos. Habitualmente se recomenda a compra de varias memorias USB pequenas para minimizar os danos en caso de perda de datos (e que se venden a prezos moi inferiores), pero de mellorar a calidade destes dispositivos podería cambiarse esta política e optarse por memorias fiables nas que poidamos ter os nosos documentos con certa seguridade.

PUBLICIDADE