Mestrelab loce capacidade de desenvolvemento na visita de Francisco Conde ás súas instalacións

luns, 1 de marzo do 2021 Pedro Pérez

O vicepresidente económico, Francisco Conde, visitou este luns primeiro de marzo as instalacións en Santiago da empresa Mestrelab, que deseñou un software que están utilizando as principais farmacéuticas que desenvolven a vacina contra a COVID-19. “Iniciativas como Mestrelab”, sinalou Conde, “animan á Xunta a seguir apostando polo programa de Fábrica Intelixente e Sustentábel co obxectivo de apoiar o salto dixital do tecido empresarial galego”.
A empresa Mestrelab puxo en marcha un software que, ademais de utilizalo as principais farmacéuticas para as vacinas, tamén están a facer seu uso outros organismos, universidades e clientes industrias. “Este é o camiño que temos que seguir mantendo porque a diferenciación de Galicia vén polo coñecemento. A I+D+i é o elemento clave que permite que as empresas se poidan diferenciar”, subliñou Francisco Conde.
Nesta mesma liña de apoio á área de I+D+i, a Xunta vén de convocar a nova edición do programa que inclúe axudas por 21M € que permitirán o desenvolvemento en Galicia de nove proxectos de I+D+i de sectores estratéxicos como a automoción, o alimentario, as enerxías renovables, a industria da madeira ou a loxística. Desta a súa posta en marcha, Fábrica Intelixente e Sustentable apoiou 24 proxectos nos que participaron 68 empresas e organismos públicos e privados cunha mobilización de 272M €.

PUBLICIDADE