Meta Quest mellora o xeito de actualizar as súas aplicacións

venres, 28 de abril do 2023 Marcus Fernández

Os cascos de realidade virtual de Meta reciben estes días a súa versión 53, que achega novos mecanismos de control paterno, configuracións de cámara avanzadas, melloras no navegador web que agora facilitan poder conectarse a Twitch para seguir retransmisións en directo, a posibilidade de conectarse a redes Wi-Fi 6E se contamos cun caso Meta Quest Pro e, moi especialmente, un novo xeito de actualizar as aplicacións do dispositivo.
Até agora, cando está dispoñible a actualización dunha aplicación o sistema ofrece a posibilidade de actualizala no momento que queremos executala, o que supón ter que agardar varios minutos entre a súa descarga e instalación, o que supón unha molestia máis que considerable, o que poderá deixar así grazas á nova opción dispoñible, que ofrece a posibilidade de instalar as aplicacións cando apagamos o caso. Deste xeito, co apagado podemos optar por apagar sen máis, ou por que se instalen as actualizacións e logo se apague o casco, dun xeito semellante ao que se emprega para actualizar Windows.

PUBLICIDADE