Metal Gear Solid 3: Snake Eater 3D terá unha edición especial moi exclusiva

venres, 20 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Nos últimos días soubemos que o xogo Metal Gear Solid: Snake Eater 3D para a Nintendo 3DS chegará ás tendas o 8 de marzo, pero os máis fieis seguidores da saga de Hideo Kojima posiblemente queiran facerse coa edición especial do xogo, que venderase cunha consola personalizada (cunha aparencia de pel de serpe) por 22.980 iens (230,72 euros), pero finalmente parece que vai ser moi complicado facerse con este produto tan especial, pois cando menos no Xapón só estará dispoñible para os usuarios que se rexistren na tenda en liña de Konami, onde se sorteará a posibilidade de mercar este paquete de consola + xogo.
De todos os xeitos, aínda queda a esperanza de que Konami decida replicar unha campaña semellante nos EE.UU. e Europa, para que os interesados en facerse con esta edición especial non teñan que recorrer a poxas en liña nas que podería acadar prezos desorbitados.

A Nintendo 3DS de Snake Eater 3D terá un acabado de pel de serpe

PUBLICIDADE