Metal Gear Solid 4 supera o millón de copias en Europa

mércores, 25 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O Metal Gear Solid 4 acadou uns grandes resultados no Xapón, pero en Europa tampouco quedou atrás, xa que finalmente superou o millón de unidades vendidas, o que é unha cantidade máis que notable se temos en conta que só está dispoñible para PlayStation 3.
Konami tamén asegurou que a edición limitada de 25.000 unidades, e que incluía un Making Of en Blu-ray e un boneco de Snake se vendeu case ao momento de chegar aos estantes das tendas.
O creador da saga, Hideo Kojima, asegurou en numerosas ocasións que con este título rematarían as aventuras de Solid Snake, pero non faltan os rumores que apuntan a que o éxito de vendas podería levar á aparición doutros títulos ambientados no mesmo universo (dando o protagonismo a personaxes secundarios da saga), aínda que da man doutros responsables.

PUBLICIDADE