Metal Gear Solid: Rising contará cun novo motor gráfico

luns, 15 de xuño do 2009 Marcus Fernández

A saga de Metal Gear Solid leva tempo agardando chegar á Xbox 360, de xeito que era a exclusividade máis desexada das que tiña Sony ata o momento, e finalmente Metal Gear Solid: Rising cumprirá cos desexos de Microsoft e os usuarios da súa consola de videoxogos, e pouco a pouco imos coñecendo detalles deste novo título, como que estará máis enfocado á acción en terceira persoa que á infiltración (buscando chegar a un público máis amplo, o que conseguiron sagas coma Resident Evil ao cambiar lixeiramente de xénero) e que contará cun novo motor gráfico capaz de superar ao Metal Gear Solid 4: Guns of Patriots para PlayStation 3, que funcionará tanto en Xbox 360 como en PS3 e PC (desbotando as bravatas de Sony ao afirmar que a Xbox 360 non era capaz de chegar ao nivel gráfico do MGS 4).
Tamén se explica un pouco o Rising do título do xogo, que podería indicar tanto o avance da saga coma o nome do protagonista do título, que será o ninja cibernético Raiden (nunha especie de referencia ao deus do lóstrego na mitoloxía sintoista, Raijin).

PUBLICIDADE