Metro: Last Light promociónase cun novo trailer e ofrecendo de balde Metro 2033
martes, 11 de decembro do 2012
Para marzo de
2013 está previsto o lanzamento de Metro: Last Light, xogo de
acción en primeira persoa que sitúase nun Moscú post-apocalÃptico no que a
humanidade sobrevive agochada nos túneles do metro, tendo que enfrontarse á
ameaza de mutantes que recorren os ceos velenosos e as catacumbas baixo a
superficie desolada pero, os sobreviventes, en vez de unirse, combaten nunha
guerra civil.
- Metro: Last Light preséntase como un shooter apoiado por unha boa historia
Esta aventura ambientada nun hipotético ano 2034 é unha secuela
do xogo Metro 2033, baseado na novela de
ciencia ficción homónima de Dmitry Glukhovsky que deu lugar a toda unha
franquÃa literaria na que participan múltiples autores, e para familiarizar ao
público con este contorno dende THQ decidiron ofrecer de
balde unha copia de Metro 2033 para
PC para os usuarios que preman no botón de Gústame
da páxina de Facebook do xogo, conseguindo asà un código que pode
engadirse á plataforma Steam para descargar o xogo de 4A Games de balde.
Para continuar a crear expectación sobre o novo xogo tamén veñen de estrear un
trailer de Metro: Last Light, que
introdúcenos neste xogo de acción que destaca pola súa excelente ambientación: