Mi Max 3, o novo móbil de Xiaomi de grande pantalla e batería de 5.500 mAh

xoves, 19 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Xiaomi porá á venda mañá en China o seu novo smartphone Mi Max 3, un dispositivo que chama poderosamente a atención polas súas grandes dimensións, acompañada por unha boa autonomía e prestacións bastante boas, cun prezo contido, o que fai que sexa un produto moi ben recibido por quen simplemente busca un terminal de grandes dimensións e non quere investir nun dispositivo de gama alta.
O máis destacable do Mi Max 3 é a súa pantalla IPS de 6,9 polgadas cunha resolución de 2.160 x 1.080 píxeles, así como a súa inmensa batería de 5.500 mAh con Quick Charge 3.0 por USB-C. O terminal funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 636, 4/6 GB de RAM, 64/128 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD, cámara traseira dual de 12 e 5 Mpíxeles con apertura f/1.9, cámara frontal de 8 Mpíxeles (cun flash LED suave), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, lector traseiro de pegadas dixitais, emisor de infravermellos para poder usar o móbil a xeito de mando a distancia, carcasa en cor negra, dourada ou azul, un grosor de 7,99 milímetros e un peso de 221 gramos.
No que a prezos se refire, o modelo básico do Mi Max 3 vén con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, custando 1.699 iuans (216 euros), mentres que a versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno custa 1.999 iuans (254 euros).

O grande tamaño dos móbiles da gama Mi Max fai que teñan unha grande aceptación entre o público feminino, afeito a non levar o teléfono no peto, polo que o tamaño non é unha molestia

PUBLICIDADE