Microcámara do tamaño dun paquete de goma de mascar

venres, 7 de novembro do 2008 Marcus Fernández

A firma de fabricación de dispositivos de seguridade Swann comeza a vender este mes nos EE.UU. por 119,99 dólares a microcámara MovieStick, que ten una tamaño semellante ao dun paquete de goma de mascar, o que non lle impide ter capacidades de gravación de vídeo, podendo almacenar en tarxetas microSD de ata 2 Gb ata 2,5 horas de vídeo cunha resolución de 176 x 144 píxeles en formato 3GP (habitual nos móbiles).
A MovieStick funciona cunha batería recargable por USB, polo que semella un trebello ideal para captar vídeo sen que se decate a xente, aínda que a calidade das gravacións sexa a propia dun teléfono móbil (polo que tampouco é unha solución moi axeitada para a espionaxe).

PUBLICIDADE