Microsoft completará a compra de Nokia o vindeiro venres

luns, 21 de abril do 2014 Marcus Fernández

Só catro días despois de que Nokia informase aos seus clientes sobre o feito de que a división de dispositivos e servizos da súa compañía transferiríase a Microsoft Mobile Oy, a compañía de Redmond confirma que xa está a dar os pasos finais para completar a compra desta área de negocio, agardando que a culminación da operacións teña lugar o vindeiro día 25.
Microsoft leva bastantes meses traballando para poder realizar a absorción de boa parte da actividade da compañía máis representativa de Finlandia, operación que agardan que permite acelerar a innovación e a penetración no mercado dos dispositivos con Windows Phone. Neste longo camiño ambas empresas tiveron que facer axustes en función do seu acordo inicial, de xeito que, aínda que inicialmente non se indicara tal, finalmente Microsoft farase cargo do dominio nokia.com e as súas contas en redes sociais durante o vindeiro ano (para facilitar a transición), aínda que Nokia pretendía conservar a súa dirección técnica, 21 dos seus empregados en China integraranse en Microsoft, e finalmente Microsoft non mercará a fábrica surcoreana de Nokia.

PUBLICIDADE